Son de Seu e a Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerán este xoves, 4 de xaneiro, o tradicional concerto de reis na igrexa parroquial ribadense

A Orquetra Folk de Galicia Son de Seu e a Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerán mañá, 4 de xaneiro, o tradicional concerto de reis na igrexa parroquial a partires das 20:45 horas. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos coas actividades de Nadal, apostamos polos musicais, polos concertos e neste caso falamos dun clásico, o concerto de reis, que xa desde oposición coa Xunta de Galicia apostábamos por eles e tamén o facemos desde o goberno”.

O rexedor explicou que “o concerto de reis este ano traerá a Ribadeo a Son de Seu, que tiñamos moitas ganas de que viñeran aquí. E actuará conxuntamente coa Coral Polifónica de Ribadeo mañá, 4 de xaneiro, ás nove menos cuarto na igrexa parroquial. Este concerto de reis é xa tradicional en Ribadeo, empezamos con Amancio Prada, con Rosa Cedrón, Emilio Rúa e tamén o ano pasado coa Orquestra de Cámara. Polo tanto estamos a falar dun concerto de nivel que lidera a Coral Polifónica co Concello e coa Xunta de Galicia e esta colaboración está a traer estes magníficos concertos de nivel, que xa son tradicionais en Ribadeo”. 

Vega anima a asistir: “estades todos convidados a asistir a este concerto mañá, 4 de xaneiro, ás nove menos cuarto da noite na igrexa parroquial de Ribadeo”.