Susana Seivane ofrecerá un concerto o 15 de maio en Burela, onde presentará o disco "Dende o meu balcón".

O 15 de maio ás 20:00 horas a gaiteira Susana Seivane ofrecerá no Auditorio Municipal de Burela un concerto para presentar  "Dende o meu balcón", o seu 6° disco que supón o retorno ao substrato ancestral sobre o que construíu a súa carreira e que ten como fío condutor a riqueza do patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición. 

Esta volta á orixe xurde a partires dun proceso onde a nosa identidade artellou unha catarse colectiva para miles de persoas no mundo a través da interpretación de Susana Seivane dos temas recollidos no disco durante cada noite do confinamento. Inconscientemente a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia e precisamente o descubrimento desta condición foi o que a levou a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico. O repertorio de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas, Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros, Marcos Castro, Pepe Romero ou Suso Vaamonde, entre outros, forman parte dos 55 temas agrupados en 20 suites para os que Seivane sumou a complexidade de empregar 8 gaitas en diferentes tonalidades. 

As entradas estarán dispoñibles na billeteira por 5 euros.