Suspendida a XIV Feira de Artesanía do Ferro, que se ía celebrar en Riotorto o 19 de abril. A organización adopta a medida "por respecto e responsabilidade social".

A Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto xunto co Concello de Riotorto organiza dende o ano 2007 a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto,  e este ano que seria a XIV edición que se celebraría o próximo 19 de abril do 2020, queda suspendida. 
 
Desde a organizan sinalan que "nesta situación excepcional e desde o respecto, desde a nosa responsabilidade social e o bo sentido imperante, esperamos contribuír á recuperación da normalidade, tratando de protexer do mellor xeito posible a seguridade e saúde de todos os visitantes, artesans e resto de expositores. Por iso, despois das medidas anunciadas polo Goberno do Estado debido á pandemia de Coronavirus COVID-19, tomamos as medidas oportunas".