Suspendidas as xornadas gastronómicas imPULSA Foz, debido ás novas restricións sanitarias impostas pola Xunta.

O alcalde focego, Fran Cajoto, anunciou a suspensión das xornadas gastronómicas imPULSA Foz, que comezaron a semana pasada. É unha das consecuencias das novas restricións sanitarias impostas pola Xunta de Galicia.

“Organizamos estas xornadas como un impulso á hostalería local, poñendo o acento no consumo responsable nos nosos establecementos e axudando a bares, restaurantes e comercios con 2.000 euros en vales canxeables en establecementos de Foz. Este mércores día 27 fíxose o primeiro sorteo, de 500 euros en 10 vales de 50 euros. Sen embargo dadas as novas restricións e o peche obrigado da hostalería, debemos ser consecuentes e proceder á suspensión temporal da campaña”, explicou Fran Cajoto.