Tá en Artes presenta o 15 de novembro en Sargadelos a súa programación para a tempada 2017/2018, na que homenaxeará a Juan Puchades.

A asociación cultural Tá en Artes, que organiza a Semana das Artes da Mariña presenta este mércores, 15 de novembro, ás 20:00 horas na Casa de Administración de Sargadelos, a súa programación. 

Esta nova programación inicia o camiño de homenaxear aos/ás artistas da Mariña para achegarnos ao seu labor. Este ano a homenaxe será a Juan Puchades Quiles e con tal motivo terá lugar unha exposición de antigos/as alumnos do artista a partires do 23 de marzo de 2018, na antiga Casa Cuartel de Mondoñedo. Organizan este evento xunto a Tá en artes, o Concello de Mondoñeo, o IES San Rosendo e a Deputación.

A Semana das Artes da Mariña, escaparate da arte da Mariña para todos/as os/as artistas que queiran participar, celebrarase a partires do 28 de marzo no Cenima de Foz. Esta actividade está organizada xunto a Tá en artes, polo Concello de Foz, a Mancomunidade da Mariña e a Deputación.

Ademais O Museo Provincial de Lugo acolle nos meses de novembro e decembro, unha exposición antolóxica para pechar a tempada artística.

A asociación Tá en artes organizará viaxes dirixidas aos escolares para visitar a exposición de Mondoñedo e coñecer o patrimonio cultural do concello. Tamén fará visitas guiadas ao Cenima de Foz para observar e educar en arte coas últimas obras ao proxectos que están a realizar os/as artistas mariñáns. Distribuiranse ademais catálogos das exposicións correspondentes e un vídeo sobre a figura de Juan Puchades Quiles.