Tarabela Creativa presenta o 12 de agosto en Cervo o espectáculo familiar "Quen ten cu, ten medo!".

O Concello de Cervo continúa coa súa programación das Noites Alternativas de Verán que seguen durante este mes de agosto.

Mañá, 12 de agosto, o grupo Tarabela Creativa presentará Quen ten cu, ten medo!. Trátase dun espectáculo para toda a familia. Terá lugar na Praza de San Ciprián ás 22:00 horas.
Para asistir a esta actividade, que é gratuíta, cómpre anotarse media hora antes no mesmo lugar da actuación.