Tarabela Teatro chega o 9 de marzo a Viveiro con “Boa sorte, mala fama”

Tarabela Teatro chega o sábado, 9 de marzo, a Viveiro con “Boa sorte, mala fama”. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. O elenco artístico está formado por Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena (elenco) e Nastasia Zürcher (música ao vivo)

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala.