Teatro Andanzas porá en escena en Viveiro "Baile de huesos". Será o 18 de marzo no Pastor Díaz.

O vindeiro sábado, 18 de marzo, chega a Viveiro “Baile de huesos”, a cargo de Teatro Andanzas. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. 

Trátase dunha comedia dramática e tenra á vez que apela á emoción e á esperanza e cuxo obxecto final é unha invitación á reflexión sobre os valores da nosa existencia. É a historia de catro personaxes que viven de costas aos seus soños e á súa realidade, esmagados por unha montaña de frustracións, detidos nun espazo-tempo baleiro e que esperan a chegada da morte, mentres discuten nunha situación inevitable como persoas que desexan vivir...ou que desexan morrer. Cando chega a morte, resulta ser unha personaxe ao que a encanta a vida, é moi diferente ao que supoñemos e resulta ser afable e cordial e ata un pouco descoidado. Nesta obra e na vida a morte sabe falar pero tamén sabe escoitar para poder sentenciar, e ben que o fai finalmente.

A reserva de entradas pode facerse no teléfono 982560162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es

O prezo será de 2 euros