Terras de Lourenzá organiza unha ruta de sendeirismo de Peizás, en Foz, ata O Cantiño, en Burela, o 15 de xaneiro.

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta desde Peizás, en Foz, ata a praia do Cantiño, en Burela, para este domingo, 15 de xaneiro. A distancia son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante El Descanso, de Foz.

A saída será ás 09:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas deste xoves, día 12, chamando ao teléfonos 699.70.60.31 ou 619.37.80.29. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 para euros para os que non o son.