Terras de Lourenzá organiza unha ruta de sendeirismo pola Costa da Morte o 26 de marzo.

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha ruta de sendeirismo pola Costa da Morte. Será o 26 de marzo. A saída está prevista para as sete da mañá desde o Cantón de Vilanova.

A ruta, de dificultade baixa, será de 13,5 quilómetros. Ao remate haberá un menú mariñeiro nun restaurante de Camariñas.

As persoas interesadas en acudir poden anotarse ata as oito da tarde do 23 de marzo nos seguintes teléfonos: 647 06 70 54 (Javi) e 619 82 87 84 (Pura)

O prezo para os socios será de 40 euros e para os non socios de 45. 

Colabora na organización Lourenzá Turismo.