Trabada inaugura o seu campo de bolos cun torneo o 17 de marzo

O Concello de Trabada inaugurará o seu campo de Bolos cun torneo que será o domingo 17 de marzo. Terá lugar en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Haberá dúas modalidades federadas: Canteiro e Liña. E as xogadoras e xogadores non federados poderán inscribirse ata o xoves 14 no teléfono 982.13.50.11. As prazas son limitadas.

O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, explica: “quixemos que a veciñanza contara cun espazo axeitado que lles permitise practicar este deporte tradicional, e agora entra xa en funcionamento con este torneo.

O novo campo de bolos de Trabada serve para garantir a preservación dun deporte que forma parte da nosa cultura e tradición e complementa a ampla oferta deportiva existente no concello”.