Trabada será escenario o 30 de agosto de actividades fluviais gratuítas na ría de Abres. Este ano con novas medidas de prevención fronte ao covid-19.

Trabada retoma este domingo as súas actividades fluviales gratuítas, suxeitas este ano as novas medidas de seguridade y prevención fronte ao COVID-19. Están organizadas pola Deputación de lugo. 

Esta nova edición celebrarase o domino, 30 de agosto, en Trabada, de 15 a 18 horas na ría de Abres. Os participantes poderán gozar dunha xornada repleta de diversión grazas aos kaiaks, tobogáns, rocódromos acuáticos e ás actividades de paddle surf que se ofertan este ano. 

A diferenza dos anteriores anos, contarase cun axente ati-covid, con grupos reducidos de 10 persoas co mesmo monitor e medidas de hixiene e desinfección e circuítos de entrada e saída. Ademais, será necesario realizar previamente a inscrición, coa finalidade de desenvolver a actividade garantindo as medidas de prevención fronte ao COVID-19. Os interesados poderán inscribirse no teléfono 636 504 155.