Trasbar, en Cervo, prepárase para participar no proxecto "Alfombra Mundial Xacobeo 21", que terá lugar os días 24 e 25 de xullo.

Trasbar preparase para participar no proxecto “Alfombra Mundial”, que se celebrará os vindeiros días 24 e 25 de xullo con motivo do Ano Xacobeo 2021. O colectivo veciñal foi invitado a participar na elaboración dunha alfombra floral a nivel mundial dedicada ao Camiño de Santiago, un proxecto no que participarán alfombristas de máis de 247 localidades repartidas por 27 países pertencentes a Alemaña, Arxentina, Brasil, Bolivia, Colombia, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Hungría, India, Italia, Lituania, México, Nicaragua, Nova Zelanda, Paraguay, Polonia, Panamá, Perú, Portugal, Túnez, Venezuela e España.

Todas as localidades participantes, coordinadas pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago,presidida por Miguel Ángel García Correa, de Ponteareas, elaboraremos nun lugar emblemático do nosos pobos, unha alfombra dedicada ao Camiño de Santiago, un proxecto no que levamos meses inmersos. Todos compartiremos o mesmo deseño, elaborado por Miguel Ángel Laguna Villalobos, alfombrista de Chinchón, pero cada un utilizando as nosas técnicas e materiais.

Dende o colectivo veciñal, agradecen aos organizadores deste proxecto por contar co seu traballo e por permitirlles participar dun dos maiores proxectos de alfombrismo a nivel mundial.

Os veciños de Trasbar ultiman os preparativos necesarios para levar a cabo o tapiz floral, e invitan a todos os que queiran participar a acudir ás inmediacións do local social os vindeiros días 24 e 25 de xullo para colaborar con eles na confección da alfombra. Os horarios, o día 24 de xullo, a partir das 16.00 horas e o día 25 de xullo, a partir das 09.30 horas.