Trémola Teatro protagonizará un contacontos en Ourol o 18 de marzo e representará "Se pechas os ollos" o día 20 deste mes.

O 18 de marzo Trémola Teatro visita Ourol co contacontos "Dúas nenas moi valentes".

Dúas nenas que durante unha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de fascinantes historias con mulleres como protagonistas. Está destinado a nenas e nenos a partir de 3 anos. A cita dará comezo ás 18:30 horas no edificio multiusos.  

E o vindeiro domingo, 20 de marzo, Trémola Teatro representará a obra "Se pechas os ollos" unha historia sobre como un amor de xuventude pode cambiarche a vida. Será ás 17 horas no edificio multiusos con entrada gratuíta.