A Tropa do doutor Milagre estará o 10 de xuño en Viveiro. Trátase dun explosivo espectáculo de rúa para todos os públicos.

O domingo, 10 de xuño, estará en Viveiro A Tropa do doutor Milagre-Cooperando facemos a viaxe.

Esta actividade desenvolverase na Praza Maior, a partires das 12:00 horas, e está incluída no programa Cooperativismo en Movemento 2018 da Xunta de Galicia.

A Tropa do doutor Milagre é un explosivo e curativo espectáculo de rúa para todos os públicos,  no que non faltarán elixires, cataplasmas, cremas e pomadas listas nos seus floreados frascos. A Tropa fai unha chamada a asistir a esta cita: “veñan facerse cun dos nosos remedios curativos”. 

En caso de mal tempo a actividade trasladarase ao Conservatorio Municipal.