Ugia Pedreira presentará o seu último traballo, Segmento Cantábrico, o 7 de abril en Foz.

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro xoves, 7 de abril, ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz un concerto de presentación do último disco de Ugia Pedreira.

O traballo, titulado Segmento Cantábrico, mistura spoken word, poesía e canción; un álbum de composición folk, de folk progresivo, que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano.

Ugia Pedreira, como todos vos sabedes é unha das voces máis recoñecidas da musica galega actual. Nada en Vilaronte, A Mariña marca absolutamente a súa música.