A V Xove Costa Trail terá lugar os días 16 e 17 de marzo de 2024. Xa foi presentado o cartel

Desde a organización comentan que “dende hoxe faltan 3 meses para o XCT-2024. Esta 5ª Edición do XoveCostaTrail, vai ser aínda máis espectacular, pero xa vos iremos informando de forma regular, de todo o que vos vai deparar esta cita, na cal seguiremos voando sobre o mar de Xove....”.

A Xove Costa Trail está organizada pola ACD Xove, que conta co patrocinio do Concello xovense, Syca, Rey e Xunta de Galicia. 

As inscricións poderán realizarse en www.championchipnorte.com