A veciñanza de Burela poderá ver de balde este venres, 29 de decembro, o musical La Sirenita

O Concello de Burela anuncia que os veciños e veciñas de Burela poderán ver de balde este venres o musical La Sirenita.

A compañía organizadora informou recentemente ao Concello de que o ritmo de venda das entradas non era o esperado, e ambas partes chegaron a un acordo para que o musical siga adiante, gratuíto e baixo a organización do propio Concello.

A empresa poñerase en contacto para devolverlles os cartos ás persoas que compraron a entrada.

A Casa da Cultura de Burela acolle esta representación o venres, 29 de decembro, ás 18:30 horas. 

O espectáculo repasa as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para gozar con toda a familia na época do Nadal.