Viveiro acolle do 24 de abril ao 4 de maio unha exposición de pinturas da holandesa Simone Nijkamp, falecida en Ourol no 2021

A sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá desde este mércores, 24 de abril, ata o 4 de maio unha mostra de pinturas realizadas pola artista holandesa Simone Nijkamp, que faleceu en Baroso (Ourol) no ano 2021. É unha actividade organizada polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro.

A exposición, titulada “Miradas / Olladas”, será inaugurada este mércores ás 20:00 horas. Intervirán no acto a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o alcalde de Ourol, José Luis Pajón; o presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, Carlos Nuevo; ademais de familiares e amigos de Simone Nijkamp. E haberá unha actuación musical a cargo de Lino Rico e Esperanza Pérez.