Viveiro acolle un curso gratuíto de iniciación á fotografía, que terá lugar os días 21 e 28 de maio.

O Concello de Viveiro colabora na organización dun curso gratuíto de iniciación á fotografía dixital, impulsado pola asociación de fotógrafos "Os Negativos". 

A formación será os sábados 21 e 28 de maio de 16:30 a 20:00, na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. 

As inscricións poden realizarse nos teléfonos 649037300 / 647568383 ou no e-mail osnegativosviveiro@gmail.com 

Dende o Concello de Viveiro invítase á cidadanía a explorar a través da fotografía nesta actividade. O goberno local remarca ademais o seu compromiso con este tipo de iniciativas do tecido asociativo, de temática cultural, deportiva ou doutra índole.