Viveiro acolle unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables este venres, 1 de marzo

Viveiro acolle os meses de febreiro e marzo o programa Xunt@s da Deputación de Lugo, unha iniciativa coa que o goberno provincial busca impulsar a participación cidadá e o asociacionismo. E este venres, 1 de marzo, celebrarase unha xornada sobre nutrición e hábitos saudables ás 17:00 horas na sala multiusos do Concello.

O Concello de Viveiro sumouse a esta iniciativa da Deputación de Lugo para fomentar o arraigo e a sociabilidade entre a veciñanza, intercambiando experiencias e fomentando as actividades.

“Son iniciativas e actividades para todas as idades, pero bastante enfocadas nas persoas maiores, que son unha prioridade para nós", explica a alcaldesa, María Loureiro.