Viveiro acollerá o 17 de novembro a presentación do libro "Pornografía. El placer del poder", de Rosa Cobo.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza, coa colaboración do Concello de Viveiro, a presentación do libro ‘Pornografía. El Placer del Poder’, o 17 de novembro na Sala Multiusos do Concello a partir das 20.30 horas. 

A obra da académica e feminista Rosa Cobo repasa as orixes da pornografía co propósito de espertar conciencias e alertar sobre os efectos do consumo. Neste libro tamén se trata a súa efectividade á hora de construír un discurso e un imaxinario de violencia misóxino, ademais de advertir sobre a relación directa existente entre a pornografía e a prostitución.

Á presentación de ‘Pornografía. El Placer del Poder’ asistirá o Clube de Lectura nunha cita coordinada pola Concellería de Cultura, que contará tamén coa presenza das librarías da vila con exemplares do libro para a súa venda.