Viveiro CCH e o Concello organizan o 7 de outubro un concerto benéfico internacional solidario coas víctimas do xenocidio de West Papua.

Centro Comercial Histórico de Viveiro e o Concello de Viveiro organizan o Concerto Benéfico INTERNACIONAL  solidario cas víctimas do xenocidio en West Papua. 

Tratase dunha iniciativa que, partindo de Australia, pretende concienciar ó mundo sobre o que está ocurrindo en Papua Occidental, onde se está practicando un auténtico xenocidio á poboación indíxena.

Os días 6, 7 e  8 de outubro realizaranse concertos en varias sedes por todo o mundo (Sidney, Melbourne, New York, San Francisco, Londres…) e Viveiro tamén será unha grazas á mediación de Chris Masuak, membro del Hall of Fame da música Rock australiana. Serán concertos simultáneos que se anunciarán de forma común para tódalas sedes en diversos medios de comunicación por todo o mundo e nunha única páxina web (www.freewestpapua.org)

En Viveiro realizarase o 7 de outubro, no Teatro Pastor Diaz ás 21:00 horas, e poderemos desfrutar da música de Bang 74, Chris Masuak & The Viveiro Wave Riders, e Miriada, que actuarán co obxectivo de recadar fondos e espertar as consciencias dunha Papúa Occidental Ceibe, polo que as entradas mercaranse con aportacións benéficas.. cun mínimo de 2€ pero con liberdade para facer a aportación que se considere oportuno. 

O xenocidio da xente de Papúa Occidental a mans do exército Indonesio é un dos mais tristes dramas do noso tempo, pero dos que menos se informa. Situada en Australia, a provincia de Papúa Occidental é unha terra de incalculábeis riquezas que en 1969 foi secuestrada cunhas violentas e manipuladas eleccións por parte de Indonesia.

O choro das xentes de Papúa Occidental desóese desde fai uns cincuenta anos. Pero a música punk berra alta, moi alta!!! E agora, músicos galegos engaden o seu apoio ao movemento.

O premiado documental sobre este movemento, Punks For West Papua, conta a verdadeira historia de como Nacións Unidas traizoou ás xentes de Papúa Occidental e como Jody Bartola, un músico Australiano, inspirouse para crear este movemento histórico para axudar a estraños en terra estranxeira.

Recoméndase ver este filme non só aos amantes do punk rock se non a todas aquelas persoas que cren na xustiza.

Punks For West Papua está dispoñíbel para a descarga e os fondos recadados irán destinados ao Movemento Unido de Liberación de Papúa Occidental (ULMWP).