Volven as carrilanas á Pontenova co Campionato de España que se celebra os días 23 e 24 de xullo.

O vindeiro 23 e 24 de xullo celebrarase en A Pontenova o Campionato de España de Carrilanas da Federación de Deportes de Inercia, organizado por MotorEo A Pontenova.

Comeza o sábado 23 ás 10:30 horas coas verificacións técnicas e administrativas dos vehículos, un pincheo as 13:00 horas e os primeiros adestramentos das baixadas a partir das 15:00 horas. Tamén haberá cea, actuacións musicais e unha ruta barítima máxica con Mago Joel, gañador de Got Talent Magic España, Samuel Moreno, semifinalista de Got Talent España, e Roberto Lolo.

O domingo 24 a partir das 10:00 horas terá lugar o descenso das carrilanas seguido da entrega dos premios e a sesión vermú. As 20:00 horas realizarase unha gala de maxia na Casa da Cultura.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no seguinte enlace https://fedei.com/es/inscripciones/inscripcion.asp?id=346 antes do 20 de xullo. Para calquera dúbida enviar un correo a motoreopontenova@gmail.com.