Xa están dispoñibles os abonos de media tempada do Burela FS coas tarifas ao 50%.

A punto de arrincar a segunda volta, Pescados Rubén Burela FS habilita dende esta semana os abonos de media tempada 2021-22 coas tarifas ao 50%.
 
Seguirán estando dispoñibles as modalidades de socio/a Adulto e Infantil para asistir aos partidos de Primera Masculina e Feminina.
• Fronte: A bancada onde está o palco, que percorre toda a banda da pista (Adulto 55 euros//Infantil 12,5)
• Lateral: A bancada que queda á altura da pista detrás da portería esquerda (Adulto 50 euros//Infantil 12,5)
• Alta: A bancada que se eleva sobre a pista detrás da portería dereita (Adulto 45 euros//Infantil 12,5)
 
Alta Online
Poderás formalizar a túa alta como soci@ ONLINE a través desta ligazón ou na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta). 
Contacta coa oficina do club para realizar a escolla do teu asento.