Xa están á venda anticipada as entradas para ver o partido que disputarán o Pescados Rubén Burela FS e o Movistar Inter o 25 de xaneiro na bomboneira.

Comeza a conta atrás para a visita do titánico Movistar Inter. O líder de Primera, campión de campións, medirase ao Pescados Rubén Burela FS este sábado, ás 18.30 horas, en Vista Alegre, e as entradas xa están á vosa disposición.

A venda anticipada estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 24, ás 14.00 horas.

PREZOS DE SOCI@S

0-5 euros: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 euros: 1 euro
Adult@: 5 euros

PREZOS NON SOCI@S

0-5 euros: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 euros: 10 euros
Adult@: 20 euros

*Os NON soci@s poderán adquirir a súa entrada tamén a través desta LIGAZÓN, ata o xoves, día 23.