Xa se coñecen os gañadores e gañadoras do sorteo do día do pai de Acisa Ribadeo. Os premios serán entregados o 24 de marzo.

Xa se coñecen os gañadores da campaña do Día do Pai de Acisa Ribadeo. Na maña de hoxe tivo lugar o sorteo de agasallos nas instalacións da asociación ribadense. 

Nesta campaña, que se desenvolveu do 10 ao 19 de marzo, puxéronse en circulación 10.000 rifas. Desde a directiva de Acisa indican que “foron cubertas e entregadas practicamente todas para participar no sorteo de hoxe. Isto ven indicar que tivo unha boa acollida e repercusións positivas no comercio da nosa vila”.  

Acisa sorteou na campaña do Día do Pai: un bono de 6 meses cortesía de BeOne, 5 ceas para 2 persoas doadas por A Horta de San Roque, O Lar de Manolo, Javier Montero, El Rincón del Gordo e A Quinta e 2 experiencias de 1 noite con almorzo para dúas persoas a escoller entre 1060 destinos, que foron doadas por Viaxes Eroski. “A todos estes establecementos e firmas desde Acisa queremos agradecerlles a súa colaboración”, engaden desde o colectivo empresarial ribadense.

Os premiados son os seguintes:
Katia Goyos, gañadora do bono individual de 6 meses para BeOne, por unha compra feita en Glass.
Sandra González, gañadora da cea para dúas persoas en A Horta de San Roque, por unha compra realizada en Bora Bora.
Ángeles Casas, gañadora dunha cea para dúas persoas en A Quinta, por unha compra feita en Gasolineira Valcarce.
José Álvarez, gañador dunha cea para dúas persoas en Javier Montero, por unha compra en Clun.
Andrés Redondo, gañador dunha cea para dúas persoas en O Lar de Manolo, por unha compra feita en Farmacia María Eugenia Hermida.
Martina Celadilla, gañadora dunha cea para dúas persoas en El Rincón Del Gordo, por unha papeleta cuberta en Kids&Us
Amparo Loureiro, gañadora dunha experiencia de 1 noite con almorzo para dúas persoas a escoller en 1060 destinos, por unha compra realizada en Boutique Valentina.
José Ramón López, gañador dunha experiencia de 1 noite con almorzo para dúas persoas a escoller en 1060 destinos, por unha compra realizada en Gasolineira Valcarce.

Tal y como recollían as bases do sorteo as afortunadas e os afortunados foron chamados por telefono tras a realización do mesmo e aceptaron o premio. O vídeo pódese ver no facebook de ACISA Ribadeo. 

A entrega dos premios realizarase este venres, 24 de marzo, ás 17:00 horas nas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, na rúa San Roque, 57-baixo.