A XI Macguiver Surf celébrase o 22 de setembro na praia de Lieiro, en Cervo. Ao remate da proba haberá concerto.

A praia de Lieiro será escenario este sábado, 22 de setembro, do XI Macguiver Surf.

A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, e varios membros do Limosa Surf Club, que se encarga da organización do evento, coa colaboración do Concello.

As persoas interesadas en participar na  proba deberán achegarse a primeira hora á praia, porque ás 9:30 está previsto o peche da inscrición.

Poderán competir nas modalidades de surf adulto, Bodyboard, Longboard, e como novidade esta edición tamén na categoría surf júnior. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

A inscrición suporá un custe de 5 euros para participar na categoría júnior, e de 10 euros nas outras modalidades; xa que haberá lacón, empanadas e bebidas de balde para todos e todas elas.

Ao remate da proba está programado o concerto de Chris Masuak and The Viveiro Wave Riders.

O Concello de Cervo convida á toda a veciñanza e visitantes, amantes e afeccionados do surf, a que se acheguen nesa xornada á Praia de Lieiro, nunha xornada adicada a este deporte que día tras día gaña adeptos, para poder gozar da nosa privilexiada costa e tamén das habilidades sobre a táboa de grandes profesionais deste deporte veciños do municipio, e tamén vidos desde diferentes puntos da xeografía española.