As Xornadas Formativas da Fundación Imdecum seguen en Burela o 19 de maio cunha charla sobre o xadrez.

Imdecum segue coa celebración das XI Xornadas Formativas para os alumnos do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.

Este xoves, día 19 de maio, organiza unha xornada titulada Xadrez, primeiros pasos, que será impartida por Julio Delgado. A actividade terá lugar na aula de usos múltiples do IES Monte Castelo, a partires das 12:20 horas.

A Vicepresidencida da Deputación de Lugo, a través da súa Área de Deportes, colabora na organización deste evento.