Xove acolle o 19 de marzo a XXIV Ruta Cabalar organizada por A Medela. Haberá xantar e sorteo de agasallos.

Este domingo, día 19 de marzo, celebrarase en Xove a XXIV edición da ruta cabalar que organiza a asociación equina A Medela coa colaboración do Concello de Xove.

O percorrido empezará ás 10:00 horas desde o campo da igrexa de Sumoas, no medio da ruta por fermosas paisaxes do municipio de Xove haberá pinchos para os participantes e ao rematar terá lugar un xantar na carpa situada no campo da igrexa de Sumoas, comida que estará amenizada por un grupo musical. Tamén se fará un sorteo de agasallos entre os asistentes.

O prezo é de 28 euros por persoa e o prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves, 16 de marzo.