A XXXIII Feira do Mel e Mercado de Outono de O Valadouro celebrarase o 10 de outubro. Os expositores estarán no parque Concepción Arenal.

O Concello de O Valadouro organiza a XXXIII edición da Feira do Mel e Mercado de Outono que se celebrará este sábado, 10 de outubro.

A feira desenvolverase de 10:00 a 19:00 horas e os expositores situaranse na explanada do Parque Concepción Arenal.

Os asistentes atoparán mel, derivados, produtos de tempada como as castañas e da horta.

Haberá pasarrúas e concerto na praza a cargo da Banda de Música O Landro e Mondrún, dentro do programa Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo. Tamén se sorteará un lote de produtos.

Todas as actividades estarán adaptadas á normativa e recomendacións vixentes en materia de seguridade e saúde por mor da pandemia do Covid-19.

Este evento conta coa colaboración de: Deputación de Lugo, Asociación Cultural Amado Lar e CEIP Santa María do Valadouro.