O 14 de xuño terá lugar en Xove a 1ª Gala do Deporte, que organiza o Concello e na que colaboran as asociacións deportivas xovenses.

O 14 de xuño terá lugar en Xove a 1ª Gala do Deporte, que organiza o Concello e na que colaboran as asociacións deportivas xovenses.
 
Hoxe ás 13:00 horas o alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, presentaron no Salón de Plenos do Concello a Iª GALA DO DEPORTE CONCELLO DE XOVE. A mesma vaise celebrar o vindeiro 14 de xuño, a partires das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. A entrada é gratuíta e colaboran na gala todas as asociacións deportivas do concello.