Ata o 22 de setembro seguen en Burela as actividades da Semana Europea da Mobilidade. Este domingo estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre Curros Enríquez e Eijo Garay.

Ata o 22 de setembro seguen en Burela as actividades da Semana Europea da Mobilidade. Este domingo estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre Curros Enríquez e Eijo Garay.
 
Hoxe foi presentado o programa de actividades da Semana Europea da Mobilidade, que se desenvolverá en Burela do 16 ao 22 de setembro. O lema desta edición é Elixe, cambia, combina, a túa mobilidade. 
Durante esas xornadas haberá circuíto de karts no pavillón dos institutos, haberá paseos aos colexios, charlas-obradoiros e de educación vial, entre outras actividades. O sábado, 19 de setembro, terá lugar na praza da Mariña entre as 11:30 e as 13 horas Xadrez na rúa, de 13 a 14 horas no mesmo escenario haberá unha jam session e xa pola tarde de 17:30 a 18:30 horas taller de maquillaxe e globoflexia, impartido polas monitoras de Gaia. 
O domingo, 20 de setembro, desde as 9 da mañá ata as 22 horas estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre as interseccións das rúas Curros Enríquez e Eijo Garay. Esa xornada haberá unha mesa informativa e recollida de alimentos a cargo de Mulleres en Igualdade; terá lugar a ruta Camiña por Burela, organizada por Pasada das Cabras e ás 13:00 horas na praza da Mariña terá lugar unha actuación da Coral Polifónica de Burela. Xa pola tarde haberá moitas actividades: Palillando na rúa, xogos deportivos ao aire libre, fútbol na rúa, talleres de manualidades e Dispara a gol, que é unha portería inchable de Burela FS e na que participarán os seus xogadores e xogadoras na praza do Concello. Ás 18 horas na praza da Mariña haberá unha merenda infantil patrocinada pola Acia de Burela, despois actuación de Batuko Tabanka, Aman e Rabentola. 
As actividades da Semana da Mobilidade seguirán ata o 22 de setembro. O programa e o cartel foron presentados hoxe polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, que estiveron acompañados polas monitoras de Gaia. O rexedor e a edil explicaron que “o que pretendemos é concienciar a toda a poboación, sobre todo aos máis pequenos, das consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche para o medio ambiente e para a saúde pública. E dos beneficios que teñen outros modos de transporte coma a bicicleta, as viaxes a pé ou mesmo o transporte público”.