O 17 de maio celebrarase a III Carreira popular das praias. Organizan: peña barcelonista San Miguel e hotel Ría do Masma - Café Bar Moderno.

O 17 de maio celebrarase a III Carreira popular das praias. Organizan: peña barcelonista San Miguel e hotel Ría do Masma - Café Bar Moderno.
 
Desde a organización explican que "o pasado sábado, 4 de abril, fixemos a presentación oficial da III Carreira popular das praias. Contamos coa presenza de Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo. Fois ás 11 horas, en Punta Anguieira-San Bartolo - Barreiros - Lugo, diante do hotel Ría do Masma. Ó mesmo tempo organizouse unha kedada "runner", na que as persoas interesadas en participar fixeron correndo o percorrido da carreira para dalo a coñecer e facer un adestramento do mesmo. Houbo duchas no campo de fútbol do Cascabeiro para os participantes e de maneira opcional, tamén se organizou unha comida no Café bar Moderno de Barreiros, ó prezo de 10 € para adultos e 5 € para nenos ata 12 anos".
A III Carreira popular das praias terá lugar o vindeiro 17 de maio a partires das 10:30 horas para adultos e das 12 horas para infantiles. Lugar: Punta Anguiera - Barreiros (Lugo). Distancia: Adultos 11 km, coa particularidade que o 90% do percorrido é pola propia area das praias. Tamén haberá circuitos infantiles con varias distancias e tamén pola area. Web da carreira e inscripcións; www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com
A carreira está organizada pola peña barcelonista San Miguel e por hotel Ría do Masma - Café Bar Moderno, coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.