O 19 de marzo celébrase unha nova edición do Mercado de Primavera en Ferreira do Valadouro. A Delegación de Cultura lembra que aínda quedan postos libres para participar nesta cita.

O 19 de marzo celébrase unha nova edición do Mercado de Primavera en Ferreira do Valadouro. A Delegación de Cultura lembra que aínda quedan postos libres para participar nesta cita.
 
Desde a Concellería de Cultura de Ferreira do Valadouro sinalan que “unha das datas máis relevantes culturalmente falando no Valadouro é a celebración do mercado de Primavera que nesta edición se celebra o 19 de marzo. De momento, aínda queda algún posto para o mercado que se vai a celebrar na rúa desde as 10:00 horas e durante toda a xornada. Tamén queda, de momento, sitio para os distintos grupos de cantos de taberna que van amenizar a ruta de tapeo”. 
 
Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982 57 15 16 de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas así como os sábados de 10:00 a 13:00 horas ou nas oficinas da Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro no primeiro piso da Casa da Cultura.