O 26 de setembro haberá unha xornada de festa en San Ciprián na honra do seu patrón. Organiza a asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello de Cervo.

O 26 de setembro haberá unha xornada de festa en San Ciprián na honra do seu patrón. Organiza a asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello de Cervo.
 
San Ciprián acollerá unha xornada de festa na honra do seu patrón o día 26 deste mes, luns. Está organizada pola asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello, que sempre está aberto a axudar a todos os colectivos do municipio.
 
O cartel do festexo na honra de San Ciprián, o patrón desta localidade, foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, a concelleira Pilar Armada e dous directivos da asociación Terra-Mar.
 
Os actos do día 26 comezarán ás 13 horas cunha misa cantada pola coral Terramar na capela de San Ciprián, ás 14:30 empezará un xantar nunha carpa que estará instalada na Praza dos Campos e a partir das 17:30 haberá baile amenizado por un grupo musical.