En Burela o 29 de novembro darán comezo as clases de bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. A inscrición está aberta.

En Burela o 29 de novembro darán comezo as clases de bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. A inscrición está aberta.
 
Hoxe,  luns, ábrese o prazo de inscrición nas clases de bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. Segundo explica Patricia Otero “aqueles veciños e veciñas que desexen participar nesta actividade deberán inscribirse nas dependencias do CIM, sitas no Concello en horario de 8 a 15 horas”. 
 
As clases de bailes de salón darán comezo o 29 de novembro e prologarase ata o 28 de febreiro. A concelleira de Servizos Sociais explica que “haberá tres quendas, todas elas os martes, cos seguintes horarios: de 18:45 a 20 horas, de 20 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:00 horas. As clases impartiranse no auditorio da Casa da Cultura”. 
 
Patricia Otero subliñou que “vista a demanda e a boa acollida por parte dos participantes decidimos darlle continuidade a esta actividade, que é totalmente gratuíta para os veciños e as veciñas de Burela”.