O 30 de decembro chegan a Burela Os Rockenstein, un musical familiar que fará as delicias de nen@s e adultos. As entradas en venta anticipada pódense mercar por 5 euros.

O 30 de decembro chegan a Burela Os Rockenstein, un musical familiar que fará as delicias de nen@s e adultos. As entradas en venta anticipada pódense mercar por 5 euros.
 
O musical dirixido ao público familiar Os Rockenstein, estará en Burela este venres, 30 de decembro, no auditorio municipal  ás 19:00 horas. As entradas aínda poden adquirirse en venta anticipada ao prezo de 5 euros. Na billeteira o día do espectáculo custarán 7 euros. 
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembrou que “de cara a este fin de semana que llega que es ya el último del año, creo que tenemos una buena propuesta para cerrar la programación cultural de todo este 2016 que nos queda atrás con muchísimos eventos que sacamos adelante con muy buena respuesta del público como siempre. Esta última propuesta es un musical no infantil, habría que catalogarlo como familiar y además de muchísima calidad. Tuvimos aquí una obra de teatro de esta misma compañía, Mala Sombra, que era Descanse en paz, buenísima tanto a nivel de actuación como de escenografía, y vuelven con este musical Os Rockenstein. Como digo es para todos los públicos, no sólo para niños, que es un homenaje además a la música”.
 
O responsable de Cultura quere “invitar a todo el mundo el viernes, a las siete de la tarde. Las entradas en venta anticipada están a 5 euros en la Biblioteca. Este musical tiene un gran reparto, entre los que destaca Xoque Carvajal, un actor conocido por todos. Tienen una hora y media de maquillaje para hacerse una idea del trabajo que lleva. En declaraciones del propio Xoque decía que había perdido diez kilos preparando todos los bailes, la música, combinar las dos cosas, escenografía y todo. Es un musical muy trabajado”.
 
José Díaz declarou que “la otra obra de teatro Descanse en paz, que tuvimos aquí hace cosa de un mes, fue la más vista en 2016 de las obras de teatro estrenadas en Galicia. Así que creo que están avalados por un buen currículum y merece totalmente la pena asistir el viernes a este musical”.
Pola súa banda o actor Xoque Carvajal explicou que “este é un musical fantástico para toda a familia, nenos e nenas a partir dos tres anos ata os maiores, os de máis idade, van poder gozar”.
 
O intérprete conta que “nesta historia o profesor Rockenstein é un investigador, un científico, namorado da música e ve que a boa música está desaparecendo do planeta, entón el decide crear no seu laboratorio, na súa máquina de inventos, unha criatura que sexa unha futura estrela da música. O experimento non sae ben de todo porque en vez de un sáenlle tres, un pouco estranos, cunhas orellas raras, debido á mezcolanza que fai na súa máquina. Entón unha vez que ten estas criaturas hai que ensinarlles que ademais de ser estrelas da música, hai que aprender outras cousas na vida”.
 
Xoque Carvajal sinalou que “é un percorrido vital destas criaturas como de calquera nena ou neno, todo a través das dez cancións que ten o espectáculo. Xa levamos xirando seis meses e imos tendo unha acollida fantástica, de feito unha vez rematada a función temos que botar unha hora facendo fotos coas nenas e nenos porque estas personaxes teñen unha caracterización espectacular e pásano moi ben tanto pequenos como adultos”.
 
Carvajal asegurou que “se coida moito a posta en escena, tanto a escenografía, a iluminación, como a caracterización das propias personaxes. Simplemente de maquillaxe lévamos unha hora e media maquillarnos, entre maquillaxe e perruquería porque hai uns postizos que levan, unhas orellas, porque na máquina de experimentos este inventor mete entre outras moitas cousas, unha figuriña da patrulla canina e as personaxes sáenlle cunhas orellas puntiagudas, como de can. É unha caracterización moi laboriosa pero paga a pena, é moi espectacular e os nenos saen marabillados, e os adultos tamén. Non queríamos facer un espectáculo unicamente para nenos, queríamos facer máis para o público familiar, que puidera gozar toda a familia”.
 
O actor lembrou que “en Viveiro foi fantástico, botamos como media hora despois da función facendo fotos coas nenas e nenos porque todos queiran achegarse ás personaxes. Nós sempre baixamos tan pronto remata o espectáculo, para estar con eles. A acollida está sendo fantástica, é divertido, a música é toda orixinal cantada en directo e gusta moito. Van ver unhas personaxes fantásticas, escoitar música marabillosa, bailar, facer palmas, cantar cos Rockenstein e pasalo ben en familia, pequenos e adultos todos xuntos”.