O 4 de abril en Burela ábrese o prazo de inscrición nas actividades de ximnasia preventiva, escola de columna, risoterapia e ximnasia mental, que organiza o Concello.

O 4 de abril en Burela ábrese o prazo de inscrición nas actividades de ximnasia preventiva, escola de columna, risoterapia e ximnasia mental, que organiza o Concello.
 
Este 4 de abril ábrese no CIM o prazo de inscrición para participar nas seguintes actividades: ximnasia preventiva, escola de columna, risoterapia e talle de ximnasia mental Axilmente, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais. 
 
O horario para notarse no CIM, situado na Casa do Concello, será de luns a venres de 8 a 15 horas. 
 
A edil Patricia Otero explicou que “o venres tivo lugar a firma do contrato de programas especializados de Servizos Sociais de Burela, entre a propia entidade local e a empresa adxudicataria do procedemento aberto realizado para proceder á súa selección. Deste xeito conseguiuse unha rebaixa no prezo de adxudicación do presente contrato con respecto ao que existía, ademais dunha mellora no número de horas lectivas que se prestarán”. 
 
A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “seguen tamén dentro deste programa os talleres de risoterapia para os nenos e nenas que están ingresados no Hospital da Costa, así como os talleres de memoria da residencia da terceira idade e o servizo de axuda a domicilio para enfermos que precisen coidados paliativos”.
 
Este departamento do Concello burelés anunciará en breve máis prazos de inscrición para anotarse nas nova actividades que vai ofrecer.