O 4 de setembro celebrarase a IV Carreira Popular Benquerencia Terra-Mar. A inscrición remata o día 1.

O 4 de setembro celebrarase a IV Carreira Popular Benquerencia Terra-Mar. A inscrición remata o día 1.
 
A IV carreira popular Benquerencia Terra-Mar terá lugar o 4 de setembro na praia de Fontela.
 
A proba comezará ás 11:00 horas e o prazo de inscrición remata o 1 de setembro. Para as categorías menores a inscrición é gratuíta e pode facerse en www.carreirasgalegas.com, www.benquerenciaterramar.jimdo.com, no Concello de Barreiros no teléfono 982-124 002 ou na directiva do C.I.R. de Benquerencia. A distancia da carreira para os pitufos será de 100 metros, 350 metros para pre-benxamín, 850 metros para benxamín, 1.700 metros para alevín e infantil e 3.000 metros -1.500 en asfalto, 300 na beira da auga e 1.200 en area- para os cadetes. Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría e camiseta e medalla de acordo para todos os participantes. 
 
Nas categorías maiores a inscrición farase en www.carreirasgalegas.com e www.benquerenciaterramar.jimdo, e o prezo é de 5 euros. A distancia da proba para as categorías xuvenil, junior, promesa, sénior, veteranos e A-B-C-D é de 7.300 metros -5.800 en asfalto, 300 na beira da auga e 1.200 en area. Os premios para os campións absolutos serán unha fin de semana no hotel Balcón de San Bartolo, reloxo de deseño e trofeo inédito. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e trofeos ao mellor atleta do concello (masculino e feminino) por categoría.