O 7 de maio terá lugar en Remourelle a VI Ruta Cabalar. Haberá xantar, sorteos, agasallos e moitas sorpresas.

O 7 de maio terá lugar en Remourelle a VI Ruta Cabalar. Haberá xantar, sorteos, agasallos e moitas sorpresas.
 
O 7 de maio celebrarase na parroquia ribadense de Remourelle a VI Ruta Cabalar. A inscrición está aberta. 
 
A saída será ás 10:30 horas e a comida está prevista para as 14:30 horas. Os tíckets poden adquirirse aos membros da directiva Xinetes de Remourelle e na Taberna de Lola ata o 2 de maio. Tamén poden facerse as inscricións nos teléfonos 659 629 417 ou 659 220 313. O prezo é de 23 euros. Haberá sorteos, agasallos e moitas sorpresas, e a xornada estará amenizada musicalmente por Discoteca Móbil.