O Concello de Alfoz convoca un concurso de decoración de Nadal. O prazo para participar e votar está aberto e concluirá o 31 de decembro.

O Concello de Alfoz convoca un concurso de decoración de Nadal. O prazo para participar e votar está aberto e concluirá o 31 de decembro.
 
O Concello de Alfoz convoca o concurso A túa decoración de Nadal para coñecer as ideas en decoración navideña máis orixinais en calquera recuncho dos fogares.
 
O concurso consiste en fotografar decoracións de Nadal propias na árbore, no belén, na cheminea, etc…, e compartilas na páxina Cultura & Turismo ALFOZ. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías e o traballo debe  levar título e o nome do autor. A temática terá que ter algún motivo relacionado coa contorna ou paisaxe de Alfoz (Castelo, zoca, cabozo…).
 
O prazo para participar e votar as fotografías está aberto e finalizará o sábado 31 de decembro ás 00:00 horas. A medida que cada participante comparta a súa fotografía, a páxina Cultura & Turismo ALFOZ irá engadindo ao álbum Concurso A túa Decoración de Nadal todas as fotos e soamente dende aí se poderán votar. Contabilizaranse os “me gustas” recibidos en cada foto do álbum.
 
Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que lle teñan dado a “me gusta” á páxina Cultura & Turismo ALFOZ e que posúan un perfil real en Facebook. Das 10 fotos que reciban máis “me gustas” durante o período sinalado, o xurado seleccionará ao gañador en base á súa orixinalidade e axuste á temática. O nome do gañador publicarase a comezos do mes de xaneiro e o premio será un orixinal agasallo de Nadal feito polo zoqueiro Alberto.
 
O Concello de Alfoz resérvase o dereito de tomar decisión non reflectidas nas presentes bases, así como a solucionar calquera tipo de conflito nas interpretación das mesmas.