O Concello de Burela convoca o concurso fotográfico "Coidemos a terra". A recepción de traballos está aberta ata o 20 de maio.

O Concello de Burela convoca o concurso fotográfico "Coidemos a terra". A recepción de traballos está aberta ata o 20 de maio.
 
A Concellería de Medio Ambiente convoca un concurso fotográfico baixo o lema Coidemos a Terra, con motivo da celebración do Día da Terra o pasado día 22.
 
A edil socialista Noelia María Ben contou que “nel poden participar todas as persoas que o desexen e teñen que mostrar a través dunha fotografía a súa visión no referente á defensa e concienciación do respecto pola natureza”.
 
A concelleira de Medio Ambiente engadiu que “as fotos teñen que ser do noso pobo e cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías. Haberá tres categorías: ata 12 anos, de 13 a 18 anos e maiores de 18 anos. Por cada categoría haberá un premio de 100 euros, 150 euros e 200 euros en material fotográfico”.
 
Noelia María Ben sinalou que “as bases de dito concurso están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica da web do concello”.
 
O prazo para a recepción de fotografías remata o 20 de maio no seguinte correo electrónico gaia@burela.org