O Concello de Lourenzá organiza unha festa infantil de Nadal o 23 de decembro nas naves do mercado gandeiro.

O Concello de Lourenzá organiza unha festa infantil de Nadal o 23 de decembro nas naves do mercado gandeiro.
 
O Concello de Lourenzá organiza unha festa infantil de Nadal este venres, día 23, nas naves do mercado comarcal gandeiro a partir das catro da tarde. O evento rematará coa visita de Papá Noel, que tamén irá ao centro de día para maiores.
 
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “esta actividade é organizada polo Concello de Lourenzá, a través da Delegación de Cultura, e subvencionada pola Deputación de Lugo. Haberá pintacaras, globoflexia e inchables para que todos os nenos e nenas poidan gozar desta festa. Ó longo da tarde terá lugar tamén a tradicional visita de Papá Noel, que este ano se acercará ata o mercado comarcal gandeiro para repartir caramelos entre todos os nen@s asistentes. Ademais Papá Noel tamén se achegará ao Centro de Día de Lourenzá para visitar aos nosos maiores e pasar un momento agradable na súa compañía”.