O Concello de Mondoñedo presentou o programa do XXV Mercado Medieval con máis animacións que en edicións pasadas. O festexo será do 12 ao 14 de agosto.

O Concello de Mondoñedo presentou o programa do XXV Mercado Medieval con máis animacións que en edicións pasadas. O festexo será do 12 ao 14 de agosto.
 
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou na presentación do cartel e do programa da XXV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo que tivo lugar no salón de plenos do Concello. Á presentación asistiu parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.
 
A rexedora aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. Candia destacou, de xeito especial, o apoio prestado pola ANPA do colexio e da Escola de Música Municipal. 
 
A rexedora puxo en valor o incremento de actividades coas que contará o XXV Mercado Medieval con respecto a edicións anteriores. Neste senso, destacou a presenza dos cabaleirosCabaleiros de Ulver, a actuación estelar de Bruxo Queimán e Andrea Pousa ‘soños dunha terra’ou as mesmanadas infantís, entre outras moitas. Candia salientou que esta edición conta con “máis animación e estará máis centrada, se cabe, en motivos medievais que as edicións pasadas”. 
 
Demostracións de oficios tradicionais, ambientación de personaxes desa época ou postos onde se poderán degustar produtos típicos da comarca encherán toda a cidade mindoniense durante a fin de semana. A alcaldesa destacou tamén que este ano, como novidade, inaugurará a XXV edición do Mercado Medieval unha exposición numismativa.
 
A rexedora indicou que os días que dure a festividade haberá degustación gratuíta de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá, e un posto de venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral. Salientou tamén que “ademais da caracterización de toda a cidade con motivos medievais como en pasadas edicións, este ano extenderemos a colocación dos postos ata a Alameda”.
 
Elena Candia explicou que o seu equipo de Goberno implicouse ao máximo no deseño dun programa “que pon en valor a nosa historia” eprecisou que “este ano os dípticos inclúen, ademais do horario detallado con todas as actividades, un planocoa ubicación precisa das mesmas”.
Homenaxe aos voluntarios e voluntarias
 
Candia aproveitou a súa intervención para recoñecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval e agradeceu “o esforzo feito por todos voluntarios e voluntarias e a todas as persoas que fixeron posible que este mercado se puxera en marcha fai xa 25 anos e que logran que ano tras ano sexa un éxito”. A rexedora lembrou que “para agradecer este inmenso traballo instalamos unha placa conmemorativa na Praza da Catedral a modo de homenaxe”.
 
A alcaldesa destacou tamén a importancia desta festividade que ano tras ano congrega a centos de visitantes. “O Mercado Medievalde Mondoñedo converteuse no mercado máis antigo da comarca e nun referente para todo o norte de España ao que acoden turistas de toda Galicia e que cada año aumenta o número de visitantes de comunidades veciñas como Asturias, fomentando o turismo de proximidade”, precisou.