O Foz e o Navia disputarán este domingo, día 28, o XXVIII Trofeo Vila de Foz de fútbol.

O Foz e o Navia disputarán este domingo, día 28, o XXVIII Trofeo Vila de Foz de fútbol.
 
Este domingo, día 28, ás 18:30 horas disputarase a XXVIII edición do Trofeo Vila de Foz de fútbol que enfrontará aos equipos do CD Foz e o Navia CF. O evento foi presentado hoxe polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e polo presidente do CD Foz, José María García Rivera.
 
Javier Castiñeira anunciou que “o próximo domingo, día 28, ás 18:30 horas disputarase a XXVIII edición do Trofeo Vila de Foz de Fútbol entre o Club Deportivo Foz e o Navia Club de Fútbol. A verdade é que a pesar de que xa está iniciada practicamente a tempada e de ser case tres semanas despois do que inicialmente se prevía, o máis importante era tratar de disputar esta edición e iso púidose facer grazas á axuda e o esmero do CD Foz”.
 
O rexedor focego comentou que “fainos pensar sobre todo de cara á próxima edición en traela máis cara ao mes de xullo e que non estea a pretempada tan avanzada, posto que depende, como pasou este ano, de que os clubs tanto de Terceira División como de Segunda B que se pretendían traer non pasen as clasificacións da Copa Deputación e da Copa Federación. Este ano a casualidade quixo que pasaran todos e que os clubs que estaban practicamente oficializada a súa participación nesta edición tiveran que desistir”.
 
O alcalde de Foz quixo “agradecer ao Club Deportivo Foz o seu esmero e imos facer esta edición coa idea de que a próxima poder facelo un pouquiño antes para que nos permita máis flexibilidade á hora de escoller os partidos”.
 
Finalmente Javier Castiñeira dixo: “quedades todos invitados a pasar unha boa tarde de fútbol o vindeiro domingo; e desexarlles ao C.D. Foz e ao Navia C.F. moita sorte para esta tempada”.