O Grupo Rosas ofrecerá este venres en Burela un recital de boleros. O concerto terá lugar a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura.

O Grupo Rosas ofrecerá este venres en Burela un recital de boleros. O concerto terá lugar a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura.
 
A Concellería de Cultura de Burela continúa coa súa programación cultural de outono para este ano 2014 e presenta o vindeiro venres, 5 de decembro, un concerto de boleros a cargo do Grupo Rosas. O recital terá lugar a partir das 21:00 horas no Auditorio da Casa de Cultura da vila e contará coa proxección dun montaxe audiovisual inédito. A entrada será gratuíta ata completar aforo. 
Tal e coma informan dende a Concellería de Cultura de Burela, o Grupo Rosas é unha formación nacida no ano 1998 para cubrir un espazo musical no Centro Catro Camiños de A Coruña, ofrecendo recitais en distintos programas de radio. Este grupo está integrado por Julia Mª Dopico á bandurra, Daniel Adzemian á guitarra e José Luís Mera como narrador. Dende os seus inicios levan participado en numerosas xiras e concertos, acadando o Premio da Música Gregorio Baudot, concedido pola Sociedade Artística Ferrolana, no ano 2013. 
O espectáculo que o Grupo Rosas ofrecerá en Burela consiste nun concerto denominado Boleros para a lembranza, no cal se interpretarán pezas como Perfídia, Noche de Ronda, Galopera ou Dos Gardenias. Un recital co que o grupo busca emocionar a calquera público que sexa capaz de identificarse coas súas melodías e os seus versos, transmitidos a través dunha orixinal e persoal posta en escena.