O InLugo pecha o ano con actividades nunha ducia de Concellos da provincia como Trabada, A Pontenova, O Valadouro ou Viveiro, entre outros.

O InLugo pecha o ano con actividades nunha ducia de Concellos da provincia como Trabada, A Pontenova, O Valadouro ou Viveiro, entre outros.
 
O Centro de Innovación Social InLugo, que xestiona a Fundación TIC, pecha o último trimestre de 2015 cun amplo programa destinado aos lucenses de máis de 55 anos.Inclúe obradoiros en diversos puntos da provincia sobre nutrición e o uso domóbil e a tabletna vida cotiá, así como actividades relacionadas con estas festas, que culminarán o 22 de decembro coa xornada Nadal: Sons e Recordos, aberta ao público na sede do InLugo.
 
O programa, que arranca este luns 14 de decembro,tamén inclúe oobradoiro–concursode fotografía dixital “O Apalpador TIC” e unha exposición das instantáneas feitas polos maiores participantes.
 
O InLugo, máis cerca
OInLugo desprazarase a unha ducia de Concellos de todos os puntos da provincia para achegar a formación aos maiores: Trabada, A Pontenova, O Valadouro, Guitiriz, Láncara, Antas de Ulla, Vilalba, A Pobra do Brollón, Viveiro A Fonsagrada, Navia de Suarna e Monforte de Lemos. Impartiranse tres obradoiros, que comezarán o martes 15 de decembro. Son os seguintes:
 
O móvil como ferramenta diaria, co que se pretende amosar as vantaxes do uso do teléfono móbil na vida diaria das persoas maiores, posibilitándolles os coñecementos para realizar chamadas de emerxencia ou o uso da alarma e da axenda para recordatorios. 
 
A tablet como ferramenta diaria mostrará as utilidadesdeste dispositivo: consulta de internet, xestión dunha axenda ou cámara fotográfica. Tamén se empregará aapp “Sempre en activo” para a prevención do deterioro cognitivo. 
 
E, por último, en Nadal Saudableos participantes empregarán as tecnoloxías a prol dunha alimentación saudable, especialmente importante no caso das persoas maiores.Tamén adquirirán coñecementos básicos de nutrición nunhas datas de excesos como o Nadal.
 
Do 14 ao 18: “O Apalpador TIC”
Outra das actividades coas que o InLugo celebra o fin de ano é o obradoiro- concurso de fotografía dixital “O Apalpador TIC”. Neste caso, os asistentes familiarizaranse coas cámaras fotográficas dixitais, a creación dunha cota online ou o envío de arquivos por correo electrónico. Ademais, poderán achegarse ás redes sociais e desenvolver habilidades artísticas. O “Apalpador TIC” terá lugar do 14 ao 18 de decembro, en horario de mañá. A exposición de fotografías e a entrega de premios celebrarse o 22 de decembro, durante a xornadaNadal: Sons e Recordos.
 
Ademais, e dentro da programación do 3º trimestre de actividadesdo InLugo en2015, desenvolveranse dous cursos do 14 ao 17 de decembro: Exercicio mental co ordenadoren horariode mañá e Fai das túas fotografías unha felicitación de Nadal, en horario de tarde.