O Praias de Barreiros FS e o Prone Lugo FS disputarán un partido benéfico o vindeiro 22 de agosto. O obxectivo é recadar fondos para a Asociación Debra.

O Praias de Barreiros FS e o Prone Lugo FS disputarán un partido benéfico o vindeiro 22 de agosto. O obxectivo é recadar fondos para a Asociación Debra.
 
O sábado, 22 de agosto, o Praias de Barreiros FS disputará un partido benéfico contra o Prone Lugo FS para recadar fondos a favor da Asociación Debra, que axuda a afectados pola doenza coñecida como “pel de mariposa”, pouco frecuente e incurable. O seu rasgo máis característico é a extrema fraxilidade da pel, de forma que ao máis mínimo roce lles provoca ampolas e feridas. A entrada única, para nenos e adultos, será de 2 euros e a cita é as 20 horas no Pavillón Municipal de Barreiros. 
O evento organízao a Rede de Voluntariado Local coa colaboración do Concello de Barreiros, o Praias de Barreiros FS e o Prone Lugo FS.