O Torreón de Vilanova acollerá, entre outras actividades, clases de ESO para adultos, que darán comezo o 17 de outubro.

O Torreón de Vilanova acollerá, entre outras actividades, clases de ESO para adultos, que darán comezo o 17 de outubro.
 
O Torreón de Vilanova de Lourenzá acollerá clases de ESO para adultos e tamén para preparar o exame de Competencias Clave N_2 da convocatoria do vindeiro ano 2017.
 
En canto ás clases de ESO destinadas a adultos no curso 2016-2017 para obter o título oficial da Xunta de Galicia, o horario será de tarde-noite para os que traballan e comezarán o 17 de outubro, luns.
 
E para a preparación do exame de Competencias Clave N_2 na convocatoria de 2017 as clases empezarán o 18 de outubro, martes.
 
Nos dous casos as inscricións poden facerse polas mañás na Casa do Concello de Lourenzá ou polas tardes na biblioteca municipal. E os interesados poden obter máis información chamando ao teléfono 671.350.905.